Domingo, 17 de Novembro
"Día da Igrexa Diocesana"

"A Igrexa con todos, ao servizo de todos" , é o lema escollido pola Conferencia Episcopal para a celebración do Día da Igrexa Diocesana, que este ano celebrase o 17 de novembro e que, como todos os anos, pretende concienciar da necesidade de que os fieis autofinancien a súa diocese.
"O labor da Igrexa depende de ti, de nós, da nosa xenerosidade. Colabora co teu tempo, cos teus coñecementos e habilidades. Colabora tamén economicamente", resalta un Bispo que recorda que "na nosa diocese e nas nosas parroquias hai centos de voluntarios que se ocupan das catequeses, da atención aos máis necesitados desde Cáritas e doutras moitas accións pastorais".
A Xornada do Día da Igrexa Diocesana é unha chamada a vivir o noso compromiso de crentes, unidos á propia comunidade cristiá. A diocese é unha porción do pobo de Deus presidida polo Bispoe que se nos achega en cada parroquia. Aí a comunidade faise máis próxima, é o lugar de acollida e fraternidad aberta a todos...
Nas parroquias a Igrexa acompaña a todos, está preto dos nenos por medio da catequese e acompaña aos mozos e aos adultos en calquera situación da súa vida.
Tamén para facer o ben fai falta a axuda persoal ou económica: "para que podamos acompañar e axudar aos que máis o necesitan é imprescindible a colaboración tamén económica dos católicos e dos que valoran o seu labor. A Igrexa necesita que contribúas cunha achega periódica fixa. Esta é a mellor forma de colaboración económica".
No hay comentarios:
Publicar un comentario