miércoles, 26 de marzo de 2014


Venres 28 de marzo de 21:00 h. a 22:00 h.

Oración contemplativa con cantos de Taizé

"Este venres 28 de marzo de 21:00 h a 22:00 h terá lugar na Capela do Colexio de San Xosé de Cluny un novo encontro de oración contemplativa con cantos de Taizé.

Esta vez o encontro terá como título "Ti ámasnos sempre, até na nosa noite" Novamente, abrirémonos ao encontro co Señor escoitando a súa Palabra a través da beleza dos cantos, contemplándoa no noso interior e orando e meditando no silencio. Pediremos tamén polas necesidades na nosa Diocese así como, de maneira especial, pola comuñón entre os irmáns cristiáns de todo o mundo.

Como sempre durante a Coresma, ao final da oración dedicaremos un tempo para a adoración da Cruz.

A Capela do Colexio de San Xosé de Cluny atópase na R/ Carballo 46 de Vigo, próxima á Estrada Provincial."

Texto traducido


No hay comentarios:

Publicar un comentario