ESTREO DA PELÍCULA
"BAJO UN MANTO DE ESTRELLAS"
1 e 2 de Marzo no Cine SALESIANOS

O pasado 14 de Febreiro estreouse en España a película “BAJO UN MANTO DE ESTRELLAS”, unha nova longametraxe na liña de “Un Deus prohibido”, sobre os mártires da Guerra Civil española. A historia duns frades dominicos que durante o verán de 1936 dan a súa vida pola súa fe.
A película desenvólvese durante o verán de 1936 no convento dominico de Almagro (Cidade Real), onde se dispoñen a pasar os meses de xullo e agosto unha vintena de frades despois de que os demais residentes “novicios e estudantes” regresasen ás súas casas para as vacacións. Desde os primeiros momentos, o espectador presaxia o tráxico final destes relixiosos, cuxa tensión interior crece ao ritmo dos acontecementos externos.
Tanto os produtores como o director (tamén coguionista) evitaron expresamente a introdución de valoracións políticas na película, conscientes de que “tomar partido” non supón ningún avance para cicatrizar as feridas dunha tan dolorosa contenda fratricida. Non esquecer, pero si purificar a memoria; non indiferenza, pero si brazos abertos para perdoar e pedir perdón; non uniformidade, pero si respecto e eliminación de prexuízos.
Un programa necesario “coñecerse e comprenderse” para convivir en paz.
ESTA PELÍCULA SERÁ PROXECTADA ÚNICAMENTE EN VIGO NO CINE SALESIANOS
O SÁBADO 1 DE MARZO ás 18:00 h. e 20:00 h.
O DOMINGO 2 DE MARZO ás 17:00 h e 19:00 h.
Prezo único: 4´50 euros
Texto traducido
No hay comentarios:
Publicar un comentario