ORACIÓN DE TAIZÉ

"Este venres 28 de febreiro de 21:00 h. a 22:00 h. terá lugar na Capela do Colexio de San José de Cluny un novo encontro de oración contemplativa con cantos de Taizé.
Esta vez o encontro terá como título "A túa pouca fe basta" Novamente, abrirémonos ao encontro co Señor escoitando a súa Palabra a través da beleza dos cantos, contemplándoa no noso interior e orando e meditando no silencio. Pediremos tamén polas necesidades na nosa Diocese así como, de maneira especial, pola comuñón entre os irmáns cristiáns de todo o mundo..
A Capela do Colexio de San José de Cluny atópase na R/ Carballo 46 de Vigo, próxima á Estrada Provincial."
Texto traducido
No hay comentarios:
Publicar un comentario