martes, 25 de febrero de 2014

NOTA DOS BISPOS DA PROVINCIA ECLESIÁSTICA DE SANTIAGO ANTE A SOLEMNIDADE DE SAN XOSÉ

O próximo día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa católica, non aparece incluído no calendario de festas laborables do ano 2014 na Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Por tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.

Tendo en conta do arraigamento desta festividade no noso pobo, os Bispos das Dioceses da Provincia Eclesiástica Compostelá nesta circunstancia, para a orientación da conciencia dos nosos fieis, dispomos:

1. Manter o 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto, coa obrigación de participar na Santa Misa, aínda que sexa laboralmente hábil.

2. Aqueles fieis que teñan xornada laboral ordinaria quedan dispensados do precepto, aínda que se lles pide e recomenda vivamente a participación na Eucaristía dese día de festa dedicado a San Xosé, Esposo da Virxe.

3. Recoméndase a todos os sacerdotes, máxime aos párrocos e reitores de igrexas, que dean as facilidades oportunas para cumprir co precepto a todos os fieis cristiáns, facilitando un horario apropiado para iso.

4. Pedir, igualmente, aos párrocos e reitores de igrexas que comuniquen aos fieis o contido desta nota e os horarios de misas coa debida antelación.

5. Ao coincidir a celebración do Día do Seminario coa festividade de San Xosé, a oración e a colecta para o Seminario Diocesano serán trasladadas á tarde do sábado, día 15, e ao domingo, día 16 de marzo.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014.

+ Julián, Arzobispo de Santiago.

+ Luis, Obispo de Tui-Vigo.

+ Manuel, Obispo de Mondoñedo-Ferrol.

+ Alfonso, Obispo de Lugo.

+ José Leonardo, Obispo de Ourense.

Jesús, Obispo Auxiliar de Santiago.

Texto traducido

No hay comentarios:

Publicar un comentario