domingo, 16 de marzo de 2014


 

OS BISPOS GALEGOS LEMBRAN QUE O DÍA DE SAN XOSÉ SERÁ DÍA DE PRECEPTO, AÍNDA QUE NON SEXA FESTA LABORAL

Advirten, así e todo, que os fieis que teñan xornada laboral ordinaria quedan dispensados da obrigación de asistir á Santa Misa, aínda que se lles recomenda vivamente a súa participación na Eucaristía

Santiago, 4 de marzo de 2014.- Os bispos das dioceses que forman parte da Provincia Eclesiástica de Santiago lembran aos fieis católicos nunha nota conxunta, que o día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, a pesar de que non aparece incluído no calendario de festas laborables do ano 2014 da Comunidade Autónoma, aínda que si no dalgúns Concellos, seguirá sendo festa de precepto. Deste xeito, os bispos galegos lembran que hai “obrigación de participar na Santa Misa, aínda que sexa laboralmente hábil”, aínda que explican que “aqueles fieis que teñan xornada laboral ordinaria quedan dispensados do precepto, aínda que se lles pide e recomenda vivamente a participación na Eucaristía dese día de festa dedicado a San Xosé, Esposo da Virxe”.

Texto traducido

O próximo día 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto na Igrexa Católica, non aparece incluído no calendario de festas do ano 2014 na Comunidade Autónoma de Galicia, aínda que si nalgúns concellos. Polo tanto, considérase, civilmente, como día normal de traballo.

Tendo en conta o arraigamento desta festividade no noso pobo, os Bispos das Dioceses da Provincia Eclesiástica Compostelá nesta circunstancia, para a orientación da conciencia dos nosos fieis, dispoñemos:

1. Manter o 19 de marzo, solemnidade de San Xosé, festa de precepto, coa obriga de participar na Santa Misa, aínda que sexa laboralmente hábil.

2. Aqueles fieis que teñan xornada laboral ordinaria quedan dispensados do precepto, aínda que se lles pide e recomenda vivamente a participación na Eucaristía dese día de festa dedicado a San Xosé, Esposo da Virxe.

3. Recoméndase a todos os sacerdotes, máxime aos párrocos e reitores de igrexas, que dean as facilidades oportunas para cumprir co precepto a todos os fieis cristiáns, facilitando un horario apropiado para iso.

4. Pedir, igualmente, aos párrocos e reitores de igrexas que comuniquen aos fieis o contido desta nota e os horarios de misas coa debida antelación.

5. Ao coincidir a celebración do Día do Seminario coa festividade de San Xosé, a oración e a colecta para o Seminario Diocesano serán trasladadas á tarde do sábado, día 15, e ao domingo, día 16 de marzo.

 

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2014.

+ Julián, Arzobispo de Santiago.

+ Luis, Obispo de Tui-Vigo.

+ Manuel, Obispo de Mondoñedo-Ferrol.

+ Alfonso, Obispo de Lugo.

+ José Leonardo, Obispo de Ourense.

Jesús, Obispo Auxiliar de Santiago.


No hay comentarios:

Publicar un comentario